psoe caldas

        
siguenos en   you tube   facebook            

 

Historía do clube

O Clube Río Verdugo nace en 1979, cando a Federación Pontevedresa de Piragüismo se plantexa a posibilidade de practicar este deporte no magnífico escenario que ofrece a desembocadura do Verdugo na ría de Vigo e máis concretamente en Pontesampaio.

ponte de pontesampaioCoa axuda dun gran aliado, un visionario na implantación deste deporte, conseguiron desde Pontevedra que a proposta tivese unha boa acollida entre unha serie de persoas do pobo que vían como os rapaces e as rapazas non tiñan alternativas de ocio nin de practicar outro deporte que non fose o fútbol; ese aliado era Manolo Morales, ó que se pode considerar o pai do piragüismo en Pontesampaio e cabeza visible do clube durante moitos anos.

Ós poucos meses das primeiras conversas xa había xente traballando entusiamada na creación do novo clube e o que era máis importante: nenos e mozos paleando polo río Verdugo

A madriña da criatura foi a empresa do Grupo Álvarez, hoxe tristemente desaparecida, Alfares de Pontesampaio; por eso o clube se chamou nun principio Club Pontesa de Piragüismo e tivo como seu primeiro presidente a D. Arturo del Valle, director neses intres da citada factoría

En 1981, debido ás dificultades económicas que estaba a padecer, Pontesa tivo que prescindir das seccións deportivas que tiña creadas e a de piragüismo foi das primeiras en sufrir as consecuencias. Sin embargo, esto non supuxo a desaparición dos kayaks e as canoas da bisbarra; en pouco máis dun ano de actividade as persoas que formaban parte do clube, tanto directivos como deportistas, xa conseguiran que este deporte arraigase en Pontesampaio polo que decidiron seguir xuntos coa aventura emprendida tempo atrás. Así en xullo de 1981 asinábanse ante o notario os estatutos do Clube Rio Verdugo de Piragüismo e constituíase a primeira Xunta Directiva do mesmo presidida por Manolo Morales e completada con Carlos Fernández, Alberto Carrera, Luis Acuña, Antonio Dasilva e José Reyes, ós que se poderían engadir, aínda que non figuran nos papeis, un bo número de persoas que botaron unha man neses momentos inicias, e tamén máis tarde.

Desde aquela ata hoxe poderíase escribir un libro coa historia e “as historias” do clube: tempos de gloria e esplendor, organización de regatas no Rio Verdugo, participación en Campeonatos Galegos e de España, campeóns da Liga Provincial, ... tempos de vacas fracas, coa plantilla baixo mínimos, serios problemas económicos, falta de instalacións, etc. Pero, sobre todo, moitos momentos de entusiasmo e de ilusión, moitas horas compartindo obxectivos comúns e moitos, moitos quilómetros polas estradas e polos ríos. ¡E que non falten!

 

 

Primeira Xunta Directiva

Presidente  > Manolo Morales
Vogal > Carlos Fernández
Vogal > Alberto Carrera
Vogal > Luis Acuña
Vogal > José Reyes
Vogal > Antonio Dasilva

 

 

 

 

 

Galeria fotográfica,:

!Que tempos aqueles¡, remando con palas de pau (literalmente), levando as piraguas dende os eidos de casas particulares ata o río para entrenar (non habia sede nin nada parecido), cargando as piraguas en coches particulares, facendo centos de kilómetros por estradas desfeitas para ir a competir, organizando as regatas ( un trofeo por aqui, unhas medallas potr alí, ...)

en pontesampaio século pasado en pontesampaio século pasado Raxo 1988

Proba en Pontesampaio (1986)
(as palas non teñen desperdicio...)

A mesma proba... ...1988 en Raxó
nos anops 90 nos anops 90  
nos anos 90... nos anos 90...  
     

Si tes fotos anteriores ao 1995, ponte en contacto con nos, pasaremos a escanearchas...

 

 

Material antiiguo:

K1 madeira en pontesampaio século pasado Raxo 1988

K1de madeira

A mesma proba... ...1988 en Raxó

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

(c) CLUBE DE PIRAGÜISMO RÍO VERDUGO -PONTESAMPAIO  marcador Aviso legal