psoe caldas

        
siguenos en   you tube   facebook            

 

O Río Verdugo

O Río Verdugo nace a 760 m de altura na aldea de Cernadelo, situada na ladeira de Outeiro Grande no concello de Forcarei.

A súa lonxitude é de 41 Km. e desemboca no fondo da Ría de Vigo, entre Pontesampaio e Arcade.

Nos imos centrar no tramo que vai entre Comboa (Soutomaior) e Pontesampaio, xa que é o que empregamos normalmente para os entrenamentos.

Este tramo é navegable na súa totalidade, con augas tranquilas.

A destacar os dous afloramentos de pedra, que con pleamar quedan cubertos e poden ser perigrosos:

A -Pedra do Rufo - (no tramo medio do percorrido) na marxe dereita: 42°20'42.02"N - 8°35'37.47"O

B - Pedra do Demo (nos últimos tramos) na marxe esquerda : 42°20'36.97"N - 8°34'33.64"O

 

Vista aérea do tramo:

río verdugo

ampliarver mapa máis grande

 

 

pdf Desgargar Mapa PDF - escala 1:5.000 ( 2,36 MB)

 

 
ponte de Pontesampaio Praia de Pontesampaio Praia de Pontesampaio

Punto 1
( A Ponte de Pontesampaio)

Punto 2
( Praia de a Xunqueira - Pontesampaio)
Punto 3
(Praia de A Xunqueira - Arcade)
RíoVerdugo Río Verdugo Río Verdugo
Punto 4
(Os "Castiñeiriños")
Punto 5
(Pedra do "Rufo")
Marca" A"
(Pedra do "Rufo" - Detalle)
Río Verdugo Río Verdugo Río Verdugo
Punto 6
( Recta de "Masó")
Punto 7 Punto 8
Río Verdugo Pedra do "Demo" Detalle Pedra do "Demo"
Punto 9 Punto 10
(Pedra do "Demo" en Comboa " )
Marca B
(Detalle da Pedra do "Demo" )
Pedra do "Demo" Pedra do "Demo"  
Punto 11
(Praia fluvial de Comboa)
Punto 12
(Ponte de Comboa)
 

 

 

Navegabilidade:

Saindo dende a desenvocadura, temos un treito de 4,5 Km. ata a ponte de Comboa.

O tramo comprendido entre o punto 1 e 2 non presenta ningunha particularidade, agás que con marea moi baixa e recomendado pasar polo terceiro arco da ponte medieval (contando dende Pontesampaio).

Tramos 2-3 . na marxe ezquerda (sempre remontando o Rio), hai unha praia fluvial con moita afluencia de xente. Navegaremos pegados a marxe dereita .

O tramos 3-4 , na marxe dereita tamén hai unha praia fluvial, polo que nos separamenos desta para seguridade dos bañistas.

O tramo 4-5 non presenta ningúnha incidencia.

O tramo 5-6, temos un afloramento de pedra (Pedra do "Rufo" )(a)xusto ao pasar a curva, na marxe esquerda.

O tramo 6-7, e unha longa recta, que con marea baixa e recomendable remontar pola marxe dereira, por mor dos baixos de area.

O tramo 7-8, seguiremo spola marxe dereita, xa que no punto 7 hai afloramentos de area (con marea baixa)., e ao final (punto 8), haiy unha pequena praia fluvial na marxe dereita, polo que navegaremos pegados a marde esquerda.

Os tramos 8-9 e 9 -10 non presentan incidencias

O tramo 10-11, ten outo afloramento de pedras no punto 10 (b), na marxe dereita, que devemos evitar.

Dende o punto 11 ata a ponte de Comboa , navegaremos pola marxe dereita, xa que a esquerda hai outra praia fluvial.

 

 

 

(c) CLUBE DE PIRAGÜISMO RÍO VERDUGO -PONTESAMPAIO  marcador Aviso legal